<$BlogRSDUrl$>

mardi, février 22, 2005

A cociña de jean-sol partre 2003-2005. anonymous, ascarida, bensevequenson, biafra, c, cesare, chamizo, cheko bejbel, chiu, contra, costeleta, dot, duquesa, empanadinha, h, jm, kate, maria, maría, opaco, ra, ro, roiciño, sansoncito, siloam, subcomediantes varios, willy, xesús fraga, xinelo e todos os demais. Agradecido. Ata sempre.


lundi, février 21, 2005

Adeus, 2004. Paso unha fin de semana pegado ao ceo, e alí o sol deslumbra, manca nos ollos, e doe moitísimo; pero tamén acaba por queimar de vez todas as impurezas da miña pel. Así que volvo á casa agotado e resplandecente, co peito tan aberto que del voan o millón negruras que levaba dentro desde hai mil anos. Teño o contador a cero; e son feliz.

San Antón
(Andrés do Barro, 1970)

Iste é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.

Hai un cruceiro vello ali
e a xénte vai
falar sempre do seu amor.

Iste é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.

Agora eu sei que quero unha muller
que vai pra San Antón tamen;
Os seus pasiños van diante de min.
E no seu tenro e doce camiñar
vai inspirando iste cantar
San Antoniño deume a quen amar.

Iste é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.

E aquel cruceiro ollando o mar
vaille contar
o que pasou co noso amor.

Iste é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.




jeudi, février 17, 2005

Notas dun extraterrestre #1. Por veces, a algúns humanos dálles por entregalo todo a outra persoa, e forman exércitos, namóranse perdidamente, obsesiónanse, viven extasiados pensando no obxecto dos seus desvelos. Moitos dos que viven con eles non os entenden, non comprenden que alguén poida deixar de ser un mesmo para converterse nun feliz "en función de", sometido de maneira voluntaria ás accións do outro, perdendo o equilibrio cada día por compracelo, por chamar a súa atención, por reter a súa mirada polo menos un instante, e tratan de explicarlles que un non se ten máis que a si mesmo no planeta, e que convén blindarse ante a inequívoca tendencia da raza á maldade, que mellor é non meterse, pero, de facelo, hai que levar paracaídas, e que, en todo caso, todas esas lerias non existen, ou, como moito, duran un período de tempo perfectamente delimitado polos últimos estudios pseudocientíficos. E, sen embargo, aquel afectado por esta curiosa forma de relación séntese, nalgúns casos, profundamente feliz, contento cada vez que consegue enfiar con ese ao que adora, seguro de que a súa fortaleza anímica gaña peso día tras día, eufórico por saber do risco que se corre cando a alegría, os sentimentos, a vida, penden dun fío que moi ben podería levarse por diante unha mínima refolada de vento, e convencido de que isto nunca xamais pasará.

O razaz coa espiña no costado
(The boy with the thorn in his side, The Smiths, 1985)

O rapaz coa espiña no costado
Detrás do odio escóndese un asasino desexo de amor
Como poden mirarme aos ollos e nin así crerme?
Como poden escoitarme dicir esas palabras e aínda non crerme?
E se non me cren agora, creranme algunha vez?
E se non me cren agora, creranme algunha, dunha vez?
Oh...

O rapaz coa espiña no costado
Detrás do odio escóndese un agotador desexo de amor
Como poden ver o amor nos nosos ollos e nin así crernos?
E despois de todo este tempo non queren crernos
E se non nos cren agora, crerannos algunha vez?
E cando empezas a vivir, como empezas?
Onde vas? A quen tes que coñecer?
Oh...



Morrissey: "Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor".
Ou non era el?



samedi, février 12, 2005

Perdón, a culpa tena o tráfico. Por veces doume de conta de que nunca o vou superar, de que nunca se me vai quitar da cabeza esta sensación de ser o neno gordo e estúpido da clase. E doe tanto que me gustaría estar morto. Afortunadamente, só dura uns instantes.

Un bico inequivocamente americano
(Kiss distinctly american, Q and no U, 2000)

Dámonos un bico de boas noites cun firme apretón de mans,
e apáganse as luces para as computadoras católicas.
Isto é fantástico para ti.
Quedei esperto polas noites para pintar a casa nun branco pantasmal.
Isto é fantástico.



A vía ilustrada entre Fugazi e Television. Quen me dera estar en DC. No de verdade, digo.




Sombras. Alguén suplanta a miña personalidade pública. O bo é que eu non me dou de conta ata quince días despois!!! Disculpa, pavis...

A cociña de Pavochungo. Conduzo pola AP9 escoitando os Fugazzi. A AP9, esa estrada que é xa case unha irmá, unha mai, un amor que queima baixo as miñas rodas. Só quero ser eu, ser Jean-Sol, máis non son máis ca un bote de maionesa Helmans. Quérovos a todos, ben o sabedes, pero a miña pose non me permite saír do meu burato, e Bethesda cada vez me devora máis con ese cheiro a familia e a ración de raxo do bar Cabrito.


Very-metal (Moi jevi)
(Impacto, Alma-X, 2001)

Imos a un bar jevimetal
para escapar da escea
tocaremos o guitar
e beberemos cervexa.
Imos a un bar jevimetal
para estrear a chaqueta
con pinchos, parches, tachuelas
todos os complementos da muller moderna
e cadenas, e cadenas
cadenas que che faigan carreiras nas medias.

E non esquezas tomar un Alma-X despois de cada noite de fantas.




mercredi, février 09, 2005

Que corra o aire. Cada vez que se pon gasoil, verifícase que o contador parcial de quilómetros quede a cero. É probablemente unha manía estúpida, porque sempre que se fai vese, xusto encima, a cifra que indica que o coche leva percorrido o suficiente como para dar a volta ao mundo dez veces. Co paso dos anos, a cousa vai a peor, porque ao motor o que lle doe é precisamente ese background, eses 120.000 quilómetros que moi pronto se convertirán en 130.000, e máis tarde en 200.000, e así en progresión ata que a máquina rebente. E entón a min éntrame a furia pensando nas viaxes longas, nas carreiras curtas e desenfrenadas, nas curvas perigosas e nos remansos da autopista que o chasis veu mentres eu estaba a mil anos luz. E sorpréndeme e decepcióname á vez comprobar o doado que é rascarme a pintura e tocarme a chapa. E, sen embargo, por primeira vez nun millón de anos, síntome con forzas para accionar a chave de abrir a ventá, poñer as gafas de sol e darlle gas para adiante, porque me quedan trillóns de millas por cubrir. Grazas.

Mi enemigo el tiempo
(La Perrera)

Cada instante que se desvanece
Se lleva algo de mí
Cada minuto desperdiciado
A la larga es aprovechado

El tiempo es mi enemigo
Y mi mejor aliado
Resulta complicado
Pero está así de claro

Cada segundo desperdiciado
Nunca será recuperado
Pero me quedará el consuelo
De lo bien que me lo he pasado

La vida era sencilla
Cuando éramos pequeños
Y cuanto más crecemos
Todo se vuelve más complicado

El tiempo es mi enemigo
Y mi mejor aliado
Resulta complicado
Pero está así de claro

Cada segundo desperdiciado
Nunca será recuperado
Pero me quedará el consuelo
De lo bien que me lo he pasado

Es mi enemigo el tiempo




vendredi, février 04, 2005

Tobogán. Saio da casa e véxome ben tirando a estupendo. Teño unha camiseta a raias, un pantalón de pitillo, uns allstars brancos, unha americana axustada e vintecinco quilos menos que hai un ano, e parezo recén saído do catálogo orixinal de Stiff Records. Na rúa espéranme un fermoso sol de inverno, noventa cabalos que parecen bestas, media ducia de adiantamentos ao límite, decibelios a mazo cuspindo o Girls and boys de Blur, un récord de velocidade pola N-550 e un sitio para aparcar xusto ao lado da porta da oficina. O choio será a mesma merda de sempre, e seino, pero como o sei fareime impermeable, e chiscareime o ollo diante do espello, porque o merezo. En moi pouco tempo sairei deste inferno e marcharei a calquera lado para falar moi alto, para bailar, para rir, para dar palmas e caer ao piso da impresión cando soe Hijos de Caín, para acabar cantando Oh, no, no, no!! en calquera local de DC. Estou contento, e se ese tipo que se fai pasar por jean-sol aí fóra está en contra, que meta o dedo no cu e saque tabaco.

De excursión
(Fame Neghra, 1998)

Soa o espertador, salto pola ventá
Son un explorador e non lle temo a nada
Voume de excursión por leiras e montañas
Non sei se volverei, farei o que me dea a gana

Imos, imos en bicicleta, en moto, en furgoneta ou en avión
Imos, imos onde ti queiras, como e cando queiras, de excursión
Ven, ven, quero que ti veñas, que non teñas medo, medo, non
Ven, ven, imos comer o mundo, imos comelo xuntos, é para nós

Son coma Michael Knight, do que non hai
Faga frío ou calor non desespero
Asubío unha canción e desafino moito
Todo me dá igual, parezo subnormal

Porque vou...
Porque vou...

Imos, imos en bicicleta, en moto, en furgoneta ou en avión
Imos, imos onde ti queiras, como e cando queiras, de excursión
Ven, ven, quero que ti veñas, que non teñas medo, medo, non
Ven, ven, imos comer o mundo, imos comelo xuntos, é para nós

O mundo é para nós...
O mundo é para nós...



Que melenas, ese peaso guitarrista...





jeudi, février 03, 2005

Nas de sempre. Ao fío do anterior, é certo. Non me compensa, quítame a vida, párteme en dous que non se recoñecen, vólveme gris agora que xa non quero ser gris, déixame sen osíxeno e sen ganas de vivir, agótame mentalmente, sepárame de quen quero ver e obrígame a arrimarme a unha auténtica falanxe de fillos de puta, quenta o océano e provócame tormentas, jódeme a vida de arriba a abaixo, bótame terra na cara para que non poida ver todo o que de fermoso teño diante dos fuciños. Pero síntome tan covarde...


Sin gastos ni comisiones. Ak, ak, ak, ak... Corro o risco de que me pase coma ese blogger inglés ao que, segundo unha noticia que me enviou Fraga, despediron por rajar dos seus compañeiros de gremio en internet, pero non poido evitar poñerlles esta auténtica xoia do xornalismo deportivo que acabo de atopar digamos que por aí: "El entrenador [...] acudirá a [...] con la cabeza de Damocles sobre su espalda". Glorioso. Por que cona lle dedicarán o 2005 a Cervantes?

Odio mi oficio
(Los Deltonos, 2003)

Hoy he visto un texto ahí, en los posos de un café
Me despisté un instante así y la última gota lo borró

Otro día en blanco, otro día sin premio
Otra noche sin sueño y mañana otro tanto
Otro día entero vigilante y atento
Perdido en el inútil empeño
De acabar lo que empiezo, de cerrar este círculo
Y abrir otro nuevo que me lleve al siguiente
De llegar a algún sitio
De poder descansar...

El vacío asusta porque nunca es como el anterior
Y nunca dura siempre pero quien me evita a mí el terror

Intento decirte que odio mi oficio, al menos hoy
Que no me compensa tanto sacrificio, a eso te voy
Que hoy estoy harto, que no es suficiente
Que quiero algo más
Que odio mi oficio, porque él me conoce y me hace rabiar

Me despierto pronto, me visto, y lo primero intento acordarme del último sueño
En que hacía una letra y quería escribirla pero era imposible
Empecé a repetirla de forma obsesiva
No puedo olvidarla, es la definitiva, la que quise hacer siempre
Y como siempre se pierde...

El vacío asusta porque nunca es como el anterior
Y nunca dura siempre pero quien me quita a mi el terror

Intento decirte que odio mi oficio, al menos hoy
Que no me compensa tanto sacrificio, a eso te voy
Que hoy estoy harto, que ya es suficiente
Que quiero algo más
Que odio mi oficio, porque él me conoce y me hace rabiar




This page is powered by Blogger. Isn't yours?