<$BlogRSDUrl$>

samedi, octobre 30, 2004

Payin’ the dues. Entre comedia e comedia, xa case pasou un ano desde que abrín a Cociña, un ano, por certo, dos que pasan factura física e mental. Supoño que a estas alturas me apetece facer un pequeno exercicio de embiguismo e pensar un pouco en todo isto. Por unha parte, fastídiame o feito de que o personaxe se apoderase de min case por completo. Dun tempo a esta parte síntome demasiado parecido a este tipo pedantorro, autoindulxente, tirando a melancólico, maniático, pelín obsesivo, incapaz e bastante desprezable que aparece un par de veces por semana por aquí para deixar escritas cousas que non lle interesan a ninguén, un tío que representa moitas das cousas que nunca quixen ser pero que me temo que son. Non se crean, nos últimos meses por culpa deste jean-sol quedáronme polo camiño varias cousas, e das importantes. Pero por outro lado, grazas a jean-sol atopei un montón de xente á que vou querer o resto da miña vida, a contra, a c., a elvi, a pavochungo, a hermi, a lg e a todos os demáis, e dáme a impresión de que me acheguei moito a outros aos que xa coñecía, coma kate, maría ou slayer. Non sei, se me paro a pensalo emocióname moito reparar en que de vez en cando pasan por aquí para ler a última tronada de jean-sol, e xa non digamos o que sinto cando fan cen quilómetros en coche para ver como morro de vergoña cunha guitarra colgada do pescozo. Así que creo que, en definitiva, todo isto merece máis ou menos a pena. Espero que o mellor aínda estea aínda por chegar.

Por certo, xa sei que isto é copiarlle a idea a contra e ademáis facelo da forma máis chatarreira posible, pero se a alguén lle apetece dicir algo, a poder ser para poñerme a caldo, para celebrar (¿!) o primeiro ano da Cociña, se alguén quere contarme que as miñas traducións son unha chapuza, ou que son máis pesado que un tractocamión de talleres Churrillo, ou facer unha recopilación escrita das peores (ou das mellores) cancións de jean-sol (tedes a lista abaixo), agradeceríallo. O meu correo anda por aí, e, se me permitísedes, colgaría o que me enviasedes no blog. Grazas a todos e (aquí vai todo un clásico jean-soliano) perdón.

Canción del fin del mundo
(Los Planetas, 2004)

Van a hacer un aeropuerto donde habíamos quedado,
vamos a tener que irnos a otro lado.
Van a hacerme presidente de los estados del ánimo,
vamos a manipular los resultados.

Van a hacer una película con banqueros y abogados,
esto sólo puede ser el decorado.
Voy a hacer que te arrepientas de lo que dijiste el sábado
y voy a reivindicar los atentados.

Y cuando esto pase, Cristo nos ampare,
no van a quedar ni ratas por las calles.
Y cuando esto pase y sea insoportable
no te olvides quien lo dijo antes que nadie.

Van a tener consecuencias las palizas que me has dado
mucho antes de lo que tienes pensado.
Voy a comprarme tus discos para ver si son tan malos
como dicen los estudios de mercado.

Y cuando esto pase búscate aliados
porque no va a quedar nadie de tu lado
. Y cuando esto pase anda con cuidado
y no te olvides de quien te lo esta contando.

Van a pagarte lo mismo por el doble de trabajo
si no haces algo para remediarlo.
Van a sacarte los dientes y van a televisarlo
simplemente por las cosas que has pensado.

Y cuando esto pase puede que te salves
si reaccionas antes de que sea tarde.
Cuando esto pase haz algo importante
y no te olvides de nosotros que estaremos en el fondo,
no te olvides que te lo dijimos antes.



Esta é a última canción que se me meteu na cabeza. Xa ven, escorando hacia el universo planetoide.

A lista. Velaquí están todas as cancións que fusilei desde que abrín a Cociña. Non sei vostedes, pero eu léoa e escarállome coa risa.

DECEMBRO 2003
Los Deltonos: Culpable
Derribos Arias: Branquias bajo el agua
Descendents: We’ve got it made
Jabier Muguruza: Nire psikoanalista
Les Mecaniciens: Euskadi, jende gutxi

XANEIRO 2004
Fugazi: Strangelight
The Jam: Slow down
Pemán/Álvarez Beigbeder: Himno de la Armada
Turbonegro: The midnight NAMBLA
Ruper Ordorika: Zaindu maite duzun hori

FEBREIRO 2004
Depeche Mode: Enjoy the silence
Los Planetas: El artista madridista
Gram Parsons: The streets of Baltimore

MARZO 2004
Los Planetas: Pesadilla en el parque de atracciones
Los Enemigos: Brindis
The Undertones: Male model
The Undertones: You’ve got my number
Ramones: Glad to see you go
The Remains: Why do I cry
Teenage Fanclub: Radio

ABRIL 2004
Minor Threat: Minor threat
Joy Division: Isolation
Josele Santiago: Borrico
Depeche Mode: The policy of truth
25 The Strokes: Last night
Jonathan Richman and the Modern Lovers: Pablo Picasso

MAIO 2004
Blondie: Heart of glass
Franz Ferdinand: Matinée
Gari: Egun finlandiar bat
The Who: My generation

XUÑO 2004
Depeche Mode: Just can’t get enough
Hot Snakes: If credit is what matters, I’ll take credit
The Prisoners: Hurricane
Lori Meyers: Ya lo sabes
The Devil Dogs: Baby I’m a king
Pixies: Wave of mutilation

XULLO 2004
Snuff: I know what you want
Experience: Bienvenue
Asian Dub Foundation: The real Great Britain
The Stooges: Search and destroy
Mudhoney: Today is a good day
Radio Futura: Enamorado de la moda juvenil
Teenage Fanclub: December

SETEMBRO 2004
Radio 4: Calling all enthusiasts
Siniestro Total: Dios salve al conselleiro
Tom Waits: I don’t wanna grow up
Ramones: Mama’s boy
The Clash: London calling
Joy Division: Love will tear us apart
50 Hefner: The hymn for the cigarettes
The Clash: The guns of Brixton
The Move: I can hear the grass grow

OUTUBRO 2004
Sonic Youth: Youth against fascism
The Undertones: Mars bar
Pixies: Where is my mind?
The Clash: I’m not down
Dag Nasty: Circles
Hidrogenesse: No hay nada más triste que lo tuyo
Surfin’ Bichos: Fuerte!
Eskorbuto: Cerebros destruidos
Los Planetas: Canción del fin del mundo



samedi, octobre 23, 2004

O home zurdo. Paso unha mañá deliciosamente triste en Barajas, escoitando a La Buena Vida e mirando por un ventanal os avións que aterran. Despois, en Jerez, un taxista con pinta de capitán de abril, unha aceituna pinchada nun pao, un tipo aficionado aos frenazos e aos insultos ao resto dos automobilistas, un auténtico ejpañol convencido de que nos seus corenta e cinco quilos queda perfectamente resumido o prototipo de macho hispánico, lévame a un hotel reconfortantemente anónimo, satisfactoriamente aburrido, tranquilizadoramente aséptico. Pola tarde faigo un traballiño con entusiasmo funcionarial, visito unha cidade encantadoramente cutre e berrona, ceo o sabroso menú do Telepizza, intoxícome con alegría con ducias de pitillos e de cruzcampos e de dycs, río mentres vexo mil aburridísimos resumes de partidos de fútbol na televisión, revólcome contento na soidade máis absoluta, entusiasmado coas tremendas ganas que teño de mandalo todo, de mandalos a todos á merda. Son anodinamente feliz, e síntome embriagadoramente frío, morto, así que se me chaman, esquézanme, teñan por seguro que non estarei. Agur.

Cerebros destruidos
(Eskorbuto)

Perdida la esperanza, perdida la ilusión
los problemas continúan, sin hallarse solución
Nuestras vidas se consumen, el cerebro se destruye
nuestros cuerpos caen rendidos, como una maldición

El pasado ha pasado y por el nada hay que hacer
el presente es un fracaso y el futuro no se ve

La mentira es la que manda, la que causa sensación
la verdad es aburrida, puta frustración

Prefiero morir como un cobarde
que vivir cobardemente

Nuestras vidas se consumen
el cerebro se destruye
nuestros cuerpos caen rendidos
como una maldición

El terror causando hábito, miedo a morir
Ya estás muerto, ya estais muertos
ya estás muerto, ya estás muerto
ya estais muertos,muertos, muertos, muertos

cerebros destruidos!



jeudi, octobre 21, 2004

Grazas, grazas, grazas, grazas!!! Non sei se a estas alturas da película o merezo. Acábame de chegar un CD e teño o corazón superalborotado, e estou máis contento que case nunca. Grazas, grazas.

Fuerte!
(Surfin' bichos)

Fuerte
fue cuando Nicodemo
pervirtió a San Aspide
aquel verano fatal

"Fuerte!"
le dijo Ana a su hermano
y le apretaba las manos
aquella noche fatal

Fuerte
me entran ganas de cogerte
y darte lo que te mereces,
eso y más,
me entran ganas de cogerte
y darte todo y más.

Solos
en una isla griega
siempre tirándose
a matar.

Solos
en algún otro planeta
en una nube bajo el mar...

Fuerte
me entran ganas de cogerte...



dimanche, octobre 17, 2004

Maniobra de evasión. Cando o fango nos chega ata as cachas, os idiotas coma servidor teñen unha táctica de supervivencia parecida á deses peixes que se fan os mortos para anoxar os seus depredadores: autoinocúlanse unha especie de veleno paralizante, e déixanse ir, finxindo que non pasa nada, esperando pasaren desapercibidos ata que escampe e que as cousas se solucionen soas, pensando neste ou nestroutro coñecido, que, fíxate, está moito peor, onde vai parar, conxelando o xesto e simulando estar en calquera outra parte; tentan non darse de conta de que, nun momento dado, o tufo acaba por envolver a demasiada xente, porque as vidas son coma novelos complicadísimos, e desenredalas sen que quede ningún nó, sen que algún fío rompa, é imposible, pero eles procuran non enterarse, pola conta que lles ten, de que sempre acaban por producirse corrementos de terra, e de que hai persoas que se ven inxustamente arrastradas pola corrente de toda a merda que se chega a xerar; pero entón, cando parece que non hai máis remedio que reaccionar, poñen a televisión e ven que, vaia por Deus, o que está pasando en Nixeria, ou no Perú, que desastre, ou vaia un bombazo que acaban de poñer en Bagdad, isto é o conto de nunca acabar, onde iremos parar, como está o mundo, e todo iso.

No hay nada más triste que lo tuyo
(Hidrogenesse)

No me digas que no hay nada más triste que lo tuyo.
Hay miles de cosas en el mundo que son mucho peor.

No me digas que no hay nada más triste,
una tienda de animales es mucho más triste,
con los perros en sus jaulas dando vueltas,
y los gatos dando vueltas en sus jaulas,
no hay nada más triste que una tienda de animales.
No hay nada más triste.

No me digas que no hay nada más triste que lo tuyo.
Hay miles de cosas en el mundo que son mucho peor.

No me digas que no hay nada más triste,
un turno de noche es mucho más triste,
en la cadena de montaje esperando la sirena,
con lo peor de Rubí contando sus miserias.
No hay nada más triste que un turno de noche.
No hay nada más triste.

No me digas que no hay nada más triste que lo tuyo.
Hay miles de cosas en el mundo que son mucho peor.

No me digas que no hay nada más triste,
Los caballitos pony, eso es mucho más triste,
No hay nada más triste que los caballitos pony.
No hay nada más triste.



jeudi, octobre 14, 2004

M, o mudito. Poñámonos estupendos para citar por aquí a Erik Satie. Ademais de ser o pai do muzzak, da música ambiental, ademais de rebotarse cos seus auditorios porque escoitaban atentamente a súa Musique d’ameublement, Satie escribía coma os anxos. Velaquí vai un exemplo.

"Todo o mundo lles dirá que eu non son un músico. É certo. Desde o principio mesmo da miña carreira clasifiqueime como fonometrógrafo. O meu traballo é completamente fonométrico. Collan a miña Fils des étoiles, ou a miña Morceau en forme de poire, a miña En habit de cheval ou a miña Sarabandes: é evidente que as ideas musicais non tiveron parte ningunha na súa composición. A ciencia é o factor dominante. Máis alá, disfruto medido un son moito máis que escoitándoo. Co meu fonómetro na man, traballo feliz e con confianza. Que non terei eu pesado ou medido? Todo Beethoven, todo Verdi, etc. É fascinante".

Supoño que a algúns nos pasa o mesmo que a Satie: disfrutamos moito máis medindo e pesando as palabras dos demais que argallando as nosas propias. As elipses e o estilo retorcido que a veces me parece que teñen estas caralladas que escribo cada dous ou tres días veñen de aí: non é vontade de estilo, é simple covardía. Se un non ten granito co que facer un edificio, receba as paredes con molduras de xeso. Se un non ten nada que contar, ou, mellor dito, se un non se atreve sequera a pensar que ten algo que contar, mastígao por dentro, deixa que todo apodreza e acaba dedicándose aos fogos artificiais. Perdón a todos.

Círculos
(Circles, do Can I Say de Dag Nasty, 1986)

Non quixen dicir o que opinaba
Non pretendía volvelos tolos
Mirábaos
Para atopar o valor que pensei que non tiña
Nunca me preocupei por levantar un dedo e dicir o que pensaba
Agora estouno soletreando
E ninguén escoita

É duro tomalo tan a peito
Doe que te aparten
Pero non poido mirar e non ser escoitado

Os días pasan e as cousas van a peor
Pero eles din que só poden mellorar
Quero facer unha abolladura
Pero mestúrase cos demáis desperfectos
Intento mirar para o outro lado
Pero hai un espello detrás de min
Vexo imaxes do que se pode facer
Parece que eu sexa o único

É duro tomalo tan a peito
Doe que te aparten
Pero non poido mirar e non ser escoitado

Non vou dicir o que penso
Non vou dicir o que penso



Xúrolles que Dag Nasty sóltanme a lingua máis que as fantas que me dá Todonada



dimanche, octobre 10, 2004

Something to believe in. Uns cren en Deus, e andan por aí dando a chapa e metendo os fuciños na vida do resto, pregoando as virtudes da decencia; eu deixei de facelo definitivamente o día que unha monxa me preguntou se algunha vez abortara. Outros, para resistir o tirón, botan man dos seus amigos, pero a min a xenética non me deu demasiadas dotes de comunicación e si unha capacidade inmensa para pedir perdón cada dez minutos, e ademais, supoño que non son ninguén para dispoñer do tempo da demais xente. Hai quen confía cegamente no seu país, na súa vila natal, nos seus veciños, e monta desde un masacre nun descampado a unha manifestación para que reabran o museo diocesano; a min hai tempo que se me fundiu o chip do colectivo. Pódese pousar a áncora no equipo de fútbol favorito, nos cabalos dun TDI, na familia, nas ofertas de Leroy Merlin, pero servidor non ten nin espíritu deportivo, nin valor suficiente como para coller as curvas a 160, nin paciencia para aceptar aos demais nin casa que adornar con molduras prefabricadas. Uns poucos téñense a si mesmos, e fíano todo á súa integridade, á súa honestidade, á súa probidade, ás súas tragaderas, á súa falta de escrúpulos, ao seu talento, á súa beleza, á súa capacidade de superación, de traballo ou como lle queiran chamar; pero imos deixar de falar de tonterías e de imposibles, vale? Eu, por desgraza, agora mesmo só confío en Strummer, Jones, Hyman, Hayes, Hazlewood, Holland, Dozier e Holland, Fogerty, J., Howlin’ Wolf, Spector, Colvin, Reed, Wilson, Curtis, Kilmister, Davies, Gill, Alfaro, McKaye, Picciotto e todos os demais, vaia un panteón. Non sei que cona vai pasar de aquí a cen anos, pero estou seguro de que eles, e perdoen a ranciada que vou dicir, van seguir aí. Os demais poden -podedes, podemos- ir á merda.

Non estou derrotado
(I’m not down, dos Clash, 1979)

Se é certo que o rico leva unha vida triste
E isto é o que din todos os días
Entón que fan todos os pobres coas súas vidas?
Non teñen nada que dicir ata o día do xuízo final?

Zoupáronme, tiráronme
Pero non estou derrotado, non estou derrotado
Avergoñáronme, pero medrei
E non estou derrotado, non estou derrotado

Eu só enfronteime a unha banda de burlentos en rúas estrañas
Cando os meus nervios estaban a rebentar e eu
Loitei contra o meu medo, e non escapei
Non o fixen

E vivín ese tipo de día
Cando unha das túas penas debería marchar
E cae, e cae e toca o chao
Cae, e cae, e cae un pouco máis
Depresión
Pero sei que ten que haber unha forma
Na que poida viralo todo ao meu xeito
Coma rañaceos elevándose
Andar a andar, non vou desistir

Así que vas por aí e pensas que
Es o máis duro
Do mundo, de todo o ancho mundo
Pero estás a varias rúas de onde
As cousas se poñen realmente duras
Aínda non estiveches alí

Zoupáronme, tiráronme
Pero non estou derrotado, non estou derrotado
Avergoñáronme, pero medrei
E non estou derrotado, non estou derrotado



Como se parece a tocata de Paul Simonon ao Philips que tiña o meu pai



jeudi, octobre 07, 2004

O home que confundía os sentidos. Son incapaz de seguilo; non poido con el porque me fala de que ten que renovar o seguro do coche, e di que vai ir a Mapfre cun cesto e metelos a todos dentro, pero que non pode porque as patas da mesa non lle deixan levarlle as roscas ao seu avó, que fuma cuarteróns, pero se fosemos os dous en bicicleta eu puxaba polos pedais e el levabame ver os montes e dábamoslles unha patada no cu aos veciños, coma aqueles catro gordáns que gañaron un premio nun programa da televisión, aquel no que aparecía un tipo que tiraba unha caroca nun descampado e arredor do sitio no que caía montaban unha feira, con casetas de pulpo e de tiro e de venta de chifres e o teatro de Barriga Verde, que xa non vén ás Sanlucas porque agora á xente o que lle gusta é o fútbol, e mira que xoguei eu ben o outro día en Murcia, subía a banda coma Blanco, aquel que traballaba con el no aserradeiro, ao lado do caseto que vai facer en Lago porque el non ten casa e desde que deixou de vivir cos pais anda por aí de prestado, vaia vergoña, agora que chove e sen un gabán acabará poñéndose coma a lama, pero en fin, que non lle faiga caso, porque non sabe que lle pasa na cabeza ultimamente, hai que traballar porque o traballo non se acaba nunca e os cartos marchan e voulle ter que prestar eu dos que gaño tocando na banda, que, por certo, preguntou o vello aquel de Ferreira por min, que dixo que xa non tiña nin tetas, onde che foi a barriga, son os tempos da fame; e a min o discurso esgótame e arrásame por dentro, e entre os rescoldos o único que poido ver é a imaxe de min mesmo baixando ao porto cando se facía de noite e ía chamalo, e tiña que buscalo entre as penas do espigón, porque el, aínda que nunca soubo nadar, baixaba alí para coller camarón e nécora e robaliza e algún centolo, se os había; ou recórdoo saíndo de entre os castelos de madeira que facía para regalarme unha pelota de goma que lle caera a alguén alí; e acórdome de cando nos levaba a min e a dous punks con crista apelotonados na parte de atrás dun AX, aguantando sobre os xeonllos un Marshall JCM 900, un ampli de baixo e tres guitarras de marca, e logo choraba de emoción porque eu lle dedicaba unha canción de Sex Museum, e aplaudíalle todo o público, e todos estaban borrachos e bailaban como se se peleasen, e aquelo, dicía el, parecía a rapa das bestas; e logo saio das casas baratas por unha costa arriba, véndome máis ou menos así dentro de non moito, vello, canso, calvo e sen patillas, tentando articular unha cháchara que nin eu mesmo logro entender.

Onde vai a miña cabeza?
(Where is My Mind, dos Pixies)

Ooooooh, para

Cos pes no aire e a cabeza no chao
Proba este truco e fíao, si
A túa cabeza vai estoupar
Pero non ten nada dentro
E preguntaraste

Onde está a miña cabeza?

Sae da auga
E mira como nada
Eu estaba nadando no Caribe
Os animais escondíanse detrás das penas
Menos os peixes pequenos
Pero dixéronme, xura el
Que querían falar comigo, comigo, comigo

Onde está a miña cabeza?



mercredi, octobre 06, 2004

O mecanismo do chupete. Miren, que queren que lles diga, díganme que despois do post anterior o que vou dicir soa estrañísimo, pero acabo de acordarme de Benny Hill e estou contentísimo, máis que nunca nas últimas semanas. Alguén ten algo en contra?



Tableta de Mars
(Mars Bar, dos Undertones)

Necesito unha tableta de Mars
Corre ao Spar
Para que me axude a pasar o día
Necesito unha tableta de Mars
Paseino bomba
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar

Nunca como a cea
Tiro sempre co plato
Xa ves que estou adelgazando
Porque simplemente non poido esperar

A conseguir a miña tableta de Mars
Corre ao Spar
Para que me axude a pasar o día
Necesito unha tableta de Mars
Paseino bomba
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar

De Patrick Moore a David Bowie
E todas as demais estrelas
Hai evidencias abondo para probar
Que hai vida en Marte

Necesito unha tableta de Mars
Corre ao Spar
Para que me axude a pasar o día
Necesito unha tableta de Mars
Paseino bomba
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar

Ten glucosa para a enerxía
Caramelo para a forza
O chocolate só está alí
Para que teña o tamaño xusto

Necesito unha tableta de Mars
Corre ao Spar
Para que me axude a pasar o día
Necesito unha tableta de Mars
Paseino bomba
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar

Se hai alguén por aí que aínda coma Twix
Ou que tome paquetes de Buttons
Eu pasei deles cando tiña seis anos
Espero que teñades os dentes podres

Necesito unha tableta de Mars
Corre ao Spar
Para que me axude a pasar o día
Necesito unha tableta de Mars
Paseino bomba
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar
Axúdame, faime, traballar, descansar e xogar




lundi, octobre 04, 2004

Ya estáis muertos. Tres escenas presenciadas esta fin de semana, nunha viaxe fugaz a Murcia. Primeira: un taxista fala do inxusto da nova medida de meter no cárcere aos condutores que manexen o coche borrachos; di que esas cousas non teñen por que aguantalas os traballadores que van, por exemplo, cear coa parienta -"yo me hincho a ribeiros y ella a cocacolas"-, aínda que entende que se lles aplique con todo o rigor do mundo a "esos rumanos y esos peruanos que beben como dragas". Segunda: prensa variada, de alí, de aquí e de Madrid; varios xornais coinciden no tema da súa babexante foto do día, con variacións: nun son dúas espectadoras lixeiras de roupa en La Condomina, noutro a explosiva muller dun futbolista en Sevilla, e así sucesivamente. Tres: un paisano fala galego ante os monitores de saídas do aeroporto de Barajas, nos que busca con desesperación un voo a Xenebra, onde, polo seu aspecto, non parece que traballe precisamente de diplomático, senón máis ben de currante, coma os demais; o negro de dous metros que ten diante pega a volta sen darse de conta de que o outro está detrás; chocan, e o galego móntalle un pollo do quince, chamándolle insistentemente "negro, negro, negro", coma se iso fose un insulto. Vivímoslles rodeados de fascismo residual.

A mocidade contra o fascismo
(Youth Against Fascism (Hate Song), de Thurston Moore)

Outra lata de vermes
Outro estómago que se revolve
O gueto arde
É a canción que odio, é a canción que odio

Tedes un tío estúpido
Tedes un Ku Klux Klan
E un puto programa de batalla
É a canción que odio, é a canción que odio

Un asedio a chorro
Es un imbécil impotente
Asqueroso fascista
É a canción que odio, é a canción que odio

Traxe e bazofia negra
Eu creo a Anita Hill
O xuíz pudrirase no inferno
É a canción que odio, é a canción que odio

Si, unha cruz ardendo
Por un mentiroso cristián
Un negro ataque en chamas
É a canción que odio, é a canción que odio

Si, o presidente é unha merda
É un cabrón porco da guerra
Á súa merda acabóuselle a sorte
É a canción que odio, é a canción que odio

Outro ataque nazi
Outro skinhead esnafrado
O meu sangue é negro
É a canción que odio, é a canción que odio

Estamos golpeando potas e sarténs
Para facerche entender
Que te imos enterrar, tío
É a canción que odio, é a canción que odio

Son unha ruína humana
Son un paleto a proba
Matei a mascota do mestre
É a canción que odio, é a canción que odio

É a canción que odio, é a canción que odio
É a canción que odio, é a canción que odio




This page is powered by Blogger. Isn't yours?