<$BlogRSDUrl$>

mardi, juillet 27, 2004

We wanna be free to ride our machines. Conduzo cara ao exilio de LGland, cambiando de terceira a cuarta e de cuarta a terceira por pistas polas que apenas caben dous coches, co aire acondicionado a tope e trinta e cinco graos no exterior, moreno de monte e con doce quilos menos, e síntome coma o rei nunha cesta. Entre curva e curva dáme tempo a darlles grazas aos enxeñeiros polos motores turbodiesel e á natureza polas estradas de montaña e polo cheiro a purín, a occidente por Star sign e Eight miles high, ríndome de quen inventou as prohibicións morais e as normas de tráfico, e sentíndome ben, libre, xusto onde sempre quixen estar: lonxe (de min).

Decembro
(December, de Teenage Fanclub)

Aproveitarei esta oportunidade
Para dicirlles aos meus amigos
No que estou pensando
Pero pénsoo dúas veces
Dareille máis voltas
E diréivolo máis tarde

A ela non lle importa
Pero morrería polo seu amor
A miña cabeza está chea de moitas cousas
Que parecen pensamentos

Aproveitarei esta oportunidade
Para dicirlles aos meus amigos
No que estou pensando

A ela non lle importa
Pero morrería polo seu amor
Teño este plan desde hai moitos anos
Pero agora non poido recordalo

Quixera matar decembro
Quixera matar decembro



Facendo o mono




samedi, juillet 24, 2004

Clásicos para a postinfancia. A vella historia do rei Midas: un nacho capaz de convertir todo o que tocaba primeiro en ouro e despois en dor.

Enamorado de la moda juvenil
(Radio Futura, 1980)

Si tú me quisieras escuchar
me prestaras atención
te diría lo que ocurrió
al pasar por la Puerta del Sol

Yo vi a la gente joven andar
con tal aire de seguridad
en un momento comprendí
que el futuro ya está aquí.

Y yo caí enamorado de la moda juvenil
de los precios y rebajas que yo vi
enamorado de ti

Sí, yo caí enamorado de la moda juvenil
de los chicos, de las chicas, de los maniquís
enamorado de ti

Zapatos nuevos, son de ocasión
oh, qué corbata, qué pantalón
vamos, quítate el cinturón
y la tarde es de los dos

Sí, yo caí enamorado de la moda juvenil
de los precios y rebajas que yo vi
enamorado de ti

Sí, yo caí enamorado de la moda juvenil
de los chicos, de las chicas, de los maniquís
enamorado de ti



mardi, juillet 20, 2004

Tic, tac. Por favor, parade isto. Basta, acabade con esta loucura, doe demasiado. Poñede os reloxos a andar para atrás.


lundi, juillet 19, 2004

The monster in me. Por veces fúndeseme algún relé na cabeza e invádeme a furia. Pode pasar por calquera cousa, por estupideces que na maior parte das ocasións non me farían o menor dano: o cabo da televisión que se desprende, alguén que non me di o que quero escoitar, unha liña marela pintada onde non me convén, un disco que me cae entre os pés, unha palabra que non comprendo ou simplemente nada. Antes, a neura resolvíase máis ou menos cunha puñada na parede, ou volcando calquera cousa que fixese ben ruído. Afortunadamente descubrín que aquelo era ridículo e infantil, e agora tento conterme, pero no medio do arrebato poido dar volta á metade dunha viaxe, por longa que esta sexa, ou marchar da casa para pasar media hora nas escaleiras do edificio, enfriándome, pensando unicamente en tirar cousas pola ventá e guindarme eu detrás. O peor vén despois. Cando pasa o trebón síntome vacío, arrasado, seco por dentro, estúpido, débil, frouxo, un imbécil integral e un cabrón covarde, porque normalmente tómoa con quen menos o merece, e entón o único que me apetece é meterme na cama e taparme ata as cellas para simular, debaixo das mantas, que estou morto.

Hoxe é un bo día
(Today is a good day, Mudhoney, 1995)

    Nada máis que po pingando da billa
As vacas dan sangue polos tetos
Só deus sabe o que será iso
Que está chovendo desde arriba

Hoxe é un bo día

  As colleitas están todas enfermas
O peixe podre amontónase no cauce seco do río
Os choros dos orfos enchen o val
Case todas as mais están mortas
Non poido evitar pensar
Non poido evitar pensar
Non poido evitar pensar
Serás ti a próxima?

Hoxe é un bo día
Aínda te teño a ti

Contemplando o teu sono intermitente
Hai unha cousa pola que rezo
Por favor, por favor, Deus!
Deixa que mañá sexa tan bo coma hoxe!

Hoxe é un bo día
Hoxe é un bo día
Hoxe é un bo día
Aínda te teño a ti

Aínda te teño a ti
Aínda te teño a ti

 

Tremenda pinta maderistas que se gastaban Mudhoney nos noventa



vendredi, juillet 16, 2004

Save my soul. Iggy Pop sae na portada de El Correo Gallego. O mundo é unha merda.

Busca e destrúe
(Search and destroy, The Stooges, 1969)

Son un guepardo que camiña pola rúa co corazón cheo de napalm
Son o fillo escapado da bomba nuclear
Son o rapaz esquecido polo mundo
O que busca e destrúe


Tía, tes que axudarme, por favor
Alguén ten que salvar a miña alma
Nena, explota por min

Ten coidado, nena, porque estou usando tecnoloxía
Non teño tempo para defenderme
Radiación solar no final da noite
Amor no medio do fogo cruzado

Tía, tes que deixarme cego
Alguén ten que salvar a miña alma
Nena, penetra a miña mente

E son o rapaz esquecido polo mundo
O que busca, busca para destruír
Son o rapaz esquecido polo mundo
O que está buscando para destruír

O rapaz esquecido



Ron Asheton, sen panza. Mentres o cantante do seu grupo se cepillaba a Bowie, el facía o propio coa señora do Duque Branco.




mardi, juillet 13, 2004

Positive music. Sinto non estar renovando isto coa frecuencia que o facía antes. Teño demasiado choio, teño demasiadas viaxes, teño demasiadas festas, teño demasiadas dúbidas. Así que, para cubrir o oco e que saiban que sigo vivo, póñolles por aquí a letra dunha canción desas que alguén di que "traen noticias". Estou redescubrindo a música positiva, esa que escoitabamos hai un millón de anos, cando nunca organizabamos concertos anti algo e pintabamos equis nas mans con tinta de bolígrafo. Non sei se esta canción me transportará no tempo, pero pola autopista soa fantástica, asegúrollelo.

A verdadeira Gran Bretaña
(Asian Dub Foundation, 2000)

Union jack e union jill
Para adiante e para atrás no mesmo outeiro
Vendédeslles a bandeira aos mozos
Pero quen apanda coa factura?
Murdoch escribiu
Meten a man na caixa

Blair ou Thatcher
agárranse ao 45
Os traxes cambiaron
pero as vellas garavatas sobreviven
A Nova Britannia é guai
A quen queredes enganar?
Detrás da voso postureo non vexo nada de nada

Preocuparse polas mercadorías
parte o país en tres
Beneficios suculentos para os primeiros
O terzo do fondo nunca se ve
E a Inglaterra do medio segue arrandeándose na súa lealdade
Non lles importa o futuro
Só unha realeza morta

Así que vai a auténtica, a verdadeira Gran Bretaña dar un paso adiante?
Este é o desfile da identidade nacional
Unha nación de embiguistas sempre mirando cara ao pasado
É tempo de rexeitar a pallasada dos sesenta

Non hai escolas abondo
Non hai casas abondo
E só se ocupan coma imbéciles da súa Cúpula do Milenio
Máis mortes prematuras que carne no óso
E hai demasiadas preguntas que non estades contestando

Union jack e union jill
Para adiante e para atrás no mesmo outeiro
Vendédeslles a bandeira aos mozos
pero quen apanda coa factura?
Murdoch escribiu
Meten a man na caixa

Así que vai a auténtica, a verdadeira Gran Bretaña dar un paso adiante?
Este é o desfile da identidade nacional
Unha nación de embiguistas sempre mirando cara ao pasado
É tempo de rexeitar a pallasada dos sesenta




A tradución é bastante perrallas, pero recolle o espírito, non?


jeudi, juillet 08, 2004

DC punks go! Se queren ver a Jean-Sol Partre e outros tres individuos destrozando -e á vez mellorando- unha ducia escasa de cancións de DC punk, non deixen de pasarse o sábado pola Chaparra. Para que vexan que tampouco é que un sexa tan, tan chorón.




mardi, juillet 06, 2004

Resumo de futuros episodios precedentes. Recordo que non hai tanto facía cousas que me parecían interesantes. Non sei, ao mellor vistas desde agora son simples estupideces, pero eu montaba un ruído que nin diola cunha guitarra, comía o que quería e nunca engordaba, escoitaba grupos de hardcore sen que me pesase a conciencia, fumaba e bebía sen cagarme ao día seguinte na mai que me pariu, pechábame na miña habitación a escribir espantosos contos góticos mentres o resto do país vía o Barça-Madrid, alegrábame cando viñan as vacacións en lugar de agobiarme porque aínda non sei que farei con todo un mes para min e porque cada día de folganza é un menos que me queda para volver ao meu curro apestoso, vivía tranquilo sen ser o primeiro en enterarme das cousas. Carai, vivía tranquilo sen ser o primeiro en enterarme das cousas! E, parece incrible, agora sigo sobrevivindo facendo xusto o contrario.

Afortunadamente, aínda nos quedan cousas coma isto de aquí abaixo.

Benvida
(Bienvenue, de Experience)

Farache falta valor
E un pouco de desapego
Non acabaches de entender
Que hai que apretar os dentes unha vez máis
Preguntaráseche o que queres facer da túa vida
Se tes unha mínima idea
Coma se quixesen roubarcha
Preguntaráseche a túa idade
A túa nacionalidade
Entrarás na gran carreira

Un consello
Queda fóra

Deixa a quen lle interese
Ese sentimento estúpido de superioridade
Pediráseche que te posiciones
Ter unhas conviccións, unha opinión
Para dar mellor a impresión
De que existes
De que estás representado ou es representativo
Pero sobrevirirás sen iso
Estou convencido

Por unha vez
Queda fóra
Por unha vez
Escapa

Cada mal paso recordarache
Que aínda non o viches todo
E canto máis vello vaias
Máis grande será esa certeza
A felicidade ten os seus límites, o malo non ten ningún
Verás a adversidade nos ollos daqueles que amas
Verás a dor nos ollos daqueles que feriches
Non esquezas xamais a cólera
Non esquezas xamais o orgullo
Non hai nada máis deprimente có victimismo
Non hai nada máis destructivo cá renuncia
Eu non busco pintarche de negro o cadro
Sei que ti tamén, nun momento dado
Te preguntarás sen dúbida se todo isto non é máis
Ca un regalo envelenado
Se tes un amigo
Se tes un amor
Se tes polo menos alguén que alí onde te atopes
Espere todos os días o teu regreso
Verás que unha tonelada de lixo parece menos pesada
Que un gramo de diamante puro
Que podes moi ben ser millonario
Se estás permanentemente a descuberto

É tan paradoxal que isto podería parecer
Despois de entendelo
É tan paradoxal que isto podería parecer
Unha benvida

BUFFFF!!!




jeudi, juillet 01, 2004

Disappointment. Bravo! As cousas volven estar apozadas no mesmo punto no que as deixei cando marchei ao balneario. A cousa non deixa de ter a súa graza. Estirei tanto as miñas pretensións, crin en min mesmo e nos demais con tanta inxenuidade que aquí me teñen outra vez tal e como son: un defraudador defraudado.

Sei o que queres
("I know what you want", de Snuff)

Seis cuartos fan noventa e oito
Non o vas conseguir
Estaba avisado, pero deixeino demasiado tarde
Non o vas conseguir
Cambiei todos os números que deixei atrás
Non o vas conseguir
Érame fácil cambiar de paso, e que?

Sei o que queres, pero non o vas conseguir

Sétimos ata cincuenta e dous
Non o vas conseguir
Eu pillo cincuenta, ti levas dous
Non o vas conseguir
Non me mires con eses ollos suplicantes
Non o vas conseguir
Debería dicircho, debería simplemente mentir, e que?

Sei o que queres, pero non o vas conseguir

Só che estou contando mentiras




You talkin' to me? Hoxe soñei que afeitaba a cabeza.


This page is powered by Blogger. Isn't yours?